logotipo turispain

Hotel Rústico Fonteverde

Hoteles rurales en Cuntis (Pontevedra)

  Ficha Fotos / Video Precios / disponibilidad / ofertas Localización Comentarios
Hotel Rústico Fonteverde Ubicación Pontevedra - Cuntis Dirección C/Bernardo Sagasta, 15 (CP. 36670) Capacidad 22  personas Tipo de alquiler Habitaciones Teléfono986 548 488
Movil679 976 031
     Webwww.hotelfonteverde.com
1 estrella 2 estrella 3 estrella 4 estrella 5 estrella  • Valoración actual 5 con 1 valoraciones

Servicios de Hotel Rústico Fonteverde

Acceso para minusvalidos Area Ajardinada Baño completo Calefaccion Internet Restaurante salon social Tarjeta de credito Telefono Television Terraza Terraza en la habitacion 

Más información Hotel Rústico Fonteverde

Hotel Rústico Fonteverde inauguróuse en febreiro de 2009 no casco histórico da vila termal de Cuntis. Ocupa unha antiga casa construída na década de 1880. Foi rehabilitada conservando a fachada orixinal con galerías e unha boa parte de elementos da anterior estrutura. O mobiliario tradicional utilizado xunto coa funcionalidade das súas instalacións crean un ambiente moi acolledor. Pódese dicir que éste foi o obxectivo principal na rehabilitación do inmoble: ofrecer aos hóspedes un benestar e unha acollida que farán da súa estancia no Hotel Rústico Fonteverde unha razón para voltar a Cuntis.

Hotel Rústico Fonteverde é un lugar idóneo para relaxar, nunha vila na que se pode disfrutar das súas augas termais, do seu casco histórico e das paisaxes polas diferentes rotas de sendeirismo.

Cuntis está situado a 28 quilómetros de Santiago de Compostela e a 18 de Vilagarcía de Arousa. Unha situación privilexiada para achegarse á capital de Galicia, Patrimonio da Humanidade así como ás Rías Baixas.
Cuntis foi lugar de paso dos peregrinos que tomaban o Camiño do Sudeste-Vía da Prata en dirección a Santiago. Encóntrase así mesmo a 7 quilómetros do Cami

A Casa 
O hotel conta con 8 habitacións: 4 dobres (unha delas especial), 2 de matrimonio (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida) e 2 individuais.

Todas as habitacións dispoñen de cuarto de baño, teléfono e televisor.

Catro das habitacións teñen terraza privada e outras dúas compleméntanse cunha galería.

Servizos 
O establecemento ofrece aloxamento e almorzo. Para xantar e cear recomendamos calquera dos restaurantes próximos ao hotel.

Outros espazos a disposición dos nosos hóspedes son: un amplo salón social con cheminea, unha sala-biblioteca, unha sala de almorzos, un patio semi-cuberto, unha terraza común e un agradable xardín que invita a disfrutar do aire libre con vistas ao río Gallo.

Na planta baixa pódese acceder gratuitamente ao servizo WIFI así como ao uso dun computador.

Dado que somos establecemento colaborador do Balneario Termas de Cuntis, podemos ofrecer tratamentos especiais aos nosos hóspedes ademáis dun 10% de desconto nas tarifas que figuran no catálogo xeral do Balneario.

Contactar con
Hotel Rústico Fonteverde

Nombre
E-mail Teléfono Consulta
Rellene los campos antes de enviar